
Un estilismo creado para *Electrofoliada* que parte da vestimenta tradicional galega para levala a unha linguaxe contemporánea. As formas, tecidos e detalles propios da indumentaria popular reinterprétanse creando un diálogo entre tradición e escena actual.




Un dúas pezas elaborado cos mandís da súa avoa. A reciclaxe téxtil como punto de partida para unha peza única onde o pasado e o presente se entrelazan.
Cada peza está baseada na cultura galega e ligada á iconografía popular do noso país.