Unha homenaxe á Galicia rural e aos oficios que construíron a súa identidade. Lembranza recupera a memoria das feiras, do traballo artesanal e da indumentaria tradicional para reinterpretala desde unha mirada contemporánea, poñendo en valor un patrimonio que pouco a pouco foi desaparecendo coa industrialización.
Unha colección inspirada no Prestige que pretende render homenaxe á resiliencia do pobo galego, á loita pola preservación do mar e á conexión coa natureza. Preténdese transformar a dor e a devastación en arte e reflexión. Todo isto compañado de encaixe de Camariñas en tódalas pezas.